En Ameneiro Xestión Forestal contamos cunha gran cualificación no mantemento forestal en Boiro, Barbanza e Galicia.
O desbroce de fincas, montes e terreos é o traballo que máis nos ocupa. Combinamos desbroce manual e mecánico segundo a pendente, a vexetación e o acceso. Tamén ofrecemos servizos de talas e podas tanto en terra como en altura e traballamos con maquinaria propia e adaptada. O principal obxectivo cando realizamos servizos agrícolas e forestais en Boiro, Barbanza e Galicia é conseguir un resultado rápido e eficaz.